boletin web Orzamentos 2014

          
O R Z A M E N T O S   2 0 1 4
“O PP sigue a malgastar os cartos de todos, sen atender ás prioridades da veciñanza de Ribadumia”

ALGUNHAS DAS PROPOSTAS PARA OS ORZAMENTOS QUE FIXO ENRIQUE OUBIÑA E QUE O PP REXEITOU      (Ver máis ampliamente mais abaixo)

·       Partida para cobertura de necesidades básicas e axuda a reinserción social.
·       Becas de axuda ecónomica para formación profesional e estudos
·       Axudas para o asesoramento e impulso a implantación de traballadores no sector do agro e a viticultura.
·       Partida para a recuperación dos terreos do Polígono Industrial sen actividade.
·       Establecemento de axudas para o fomento do autoemprego (autonómos), e para persoas que queirar abrir o seu negocio en Ribadumia (PEMES, comercio ou hostelaría).
·       Impulso á creación dun consorcio empresarial local.


Uns orzamentos mal feitos = uns cartos mal gastados.

No pasado mes de Febreiro o PP levou a pleno os orzamentos para este ano. A súa proposta era máis do mesmo de todos os anos, sen apenas novidades a ter en conta e cos mesmos erros e defectos que dende a oposición xa se ten criticado noutros anos, e que voltan repetirse neste exercicio.
Segundo os cálculos do PP, o Concello de Ribadumia vai dispor no 2014 dun total de 2.740.850 € para gastar (e dicir 456 millóns en pesetas). E en que teñen pensado gástalo??: Pois 897.822 € en soldos, incluíndo aquí o da propia alcaldesa. 1.406.425 € en “gastos correntes” e de todo o orzamento soamente 324.430 € en diversos investimentos.
As partidas para fomento da creación de emprego limítanse ao salario dos dous técnicos de emprego que contrata  o concello e a unha partida de 10.000 euros para “cursiños”. Non hai ningunha partida específica para axuda a recuperación económica, ao agro ou para incentivar a contratación.

Si que existen partidas para atender as necesidades básicas sociais e os casos de emerxencia, pero logo comprobamos como a pesar de que figuran no papel, ao final non se gastan na súa totalidade, exemplo claro da falta de iniciativa da alcaldesa e do PP, máis preocupados en facer festas e romarías que en atender as necesidades sociais dos seus veciños e veciñas.
Pola contra, un ano máis vemos como se dispara o capítulo 2 de “Gastos correntes”, que no 2011 era de menos de 1 millón de euros, no 2012 foi de 1.078.000 €, o ano pasado xa se consignaron 1.251.245 € e AGORA NO 2014 OUTRA SUBIDA DE 150.000 EUROS PARA CHEGAR A 1.406.425 EUROS.
Como pode ser que o PP se negue a que haxa partidas para becas de estudios ou fomento do emprego e logo teña pensado gastar miles de euros en cuestións como:
o  Luz e enerxía eléctrica: 279.695 €
o  Publicidade e protocolo??: 17.000 €.
o  Gastos e suministros (sen especificar): 61.000 €.
o  Mantemento conservación (sen especificar): 75.700



PARTIDAS QUE SE ORZAMENTAN PERO LOGO NON SE GASTAN:
Moitas veces o PP de Ribadumia ten presumido de “orzamentos sociais”, de apoio da cultura, e de aumentar as partidas para estes fins, etc….
Dende ANOVA sempre apoiamos todas as iniciativas que se fagan para ampliar a cobertura e atención social, pero tamén sabemos neste aspecto O PP minte escandalosamente.
Fixemos un estudio exhaustivo das contas do concello dos últimos anos e aquí tendes uns exemplos gráficos:
Fomento do emprego: Case 105.000 € orzamentados sen gastar do 2010 ao 2012.
Cultura: 146.500 € que se puxeron no papel, pero logo non se gastaron.
Outros exemplos:
·       Entre os anos 2.010 e 2.012 o PP deixou sen gastar máis de 50.000 € do orzamento de Serv. Sociais (adm. Xeral) e máis de 75.000 do de Acción social.

Mentres facía isto abandonando calquera idea de xestión no social que non fora mandar veciños a Cáritas,  non tiña problema en gastar máis de 420.000 € na compra duns terreos para realizar o antoxo do presidente da Deputación.

  EN CONCLUSIÓN:






PERO NOS SI TEMOS SOLUCIÓNS ÓS PROBLEMAS DOS VECIÑOS.

Diante deste panorama Enrique Oubiña podía “pasar”, deixar que o PP seguirá co seu despilfarro e limitarse a criticalo e a votar en contra, pero o seu persoal xeito de entender a política, como servizo a cidadanía, e o seu compromiso cos votantes levárono a actuar dun xeito mais responsable.

Por iso presentou toda unha batería de propostas, pensadas para axudar a resolver as necesidades reais dos veciños e veciñas. Logo forzou que se xuntara a comisión de contas do concello para poder explicarllas tanto aos concelleiros do goberno como aos demáis grupos da oposición, na idea de facer UN ORZAMENTO DE TODA A CORPORACIÓN e para todos os veciños e veciñas de Ribadumia.  Estas son algunhas das propostas presentadas por Enrique Oubiña:

-  Partida denominada “cobertura de necesidades e axuda a reinserción socio – laboral”: Para a dotación dun plan que teña como obxectivo non solo axudar ás familias que están atravesando un momento crítico, se non tamén establecer ferramentas que lles permitan atopar traballo e levar unha vida digna e lonxe da caridade.
-   Creación dunha bolsa económica denominada  “axuda aos estudos”: destinada a  persoas con poucos recursos, regulada baixo uns criterios claros, de xeito que calquera persoa, teña garantida a posibilidade de realizar o curso, pagar matrículas e taxas universitarias, e facer fronte a compra do material.
-  Programa de “acción no agro”:  Creación dun grupo de traballo, con expertos en asuntos do campo, coa misión de proporcionar impulso, formación e apoio institucional, ás diferentes saídas profesionais que poida proporcionar o noso agro (cooperativas, emp. de servizos agrarios, …).
-  Recuperación dos terreos do polígono da Grenla que non se están utilizando para poñelos a disposición de empresas que queiran implantarse en Ribadumia.

-  Creación dun consorcio empresarial local: para estudar e impulsar políticas que poidan favorecer a recuperación económica.
-  Partida de axudas para o fomento do autoemprego (autonómos), e para persoas que queirar abrir o seu negocio en Ribadumia (PEMES, comercio ou hostalería): Preténdese que o concello se implique de xeito intenso para apoiar todas as iniciativas destinadas á creación de emprego e de .  recuperación económica. Cuestións como revisar os mecanismos para a creación e apertura de novos pequenos negocios, axilizando os tramites das licenzas e promovendo a súa apertura con descontos nas taxas de apertura ou execcións temporais dalgúns impostos, incluso facéndoas extensivas a PEMES do concello que manteñan ou creen emprego ou aquelas que demostren unha importante baixada de ingresos.
-  E para aforrar custos e democratizar o concello:
o   Eliminación do convenio coa empresa que leva o mantemento do alumeado, que custa 25.000 € ano
o   Control exhaustivo do gasto eléctrico.
o   Revisar os gastos de certas partidas xerais, totalmente descontroladas.
o   Recuperar os servizos privatizados, como a gardería para prestalos con persoal público, podendo ademáis mellorar o servizo e ofrecer descontos.
o   Compromiso de participación da oposición nos Grupos de traballo.
o   Compromiso de que o remanente económico que haxa de 2013 pase a engrosar estas partidas e non se use para comprar terreos…

Lamentablemente o PP pechouse en banda e non quixo aceptar ningunha proposta, nin das presentadas por Enrique Oubiña, nin polos demáis grupos da oposición.  Salomé Peña demostrou que as chamadas ao diálogo era simple hipocresía, en verbas de Enrique Oubiña:

“moi típico do Partido Popular, non teñen proxecto de concello nin idea de nada, pero plantexan as comisións como monólogos onde solo se pode aceptar o deles, sen opción a nada mais, e sen querer nin mirar as nosas propostas. E claro,  logo diante das evidencias que os deixan en vergoña,  minten ata nos plenos. Lamentablemente quen perde así non é a oposición, senón todos os veciños e veciñas de Ribadumia”.



O GAIAS DE RIBADUMIA.

“4 de cada 10 familias en paro non teñen ningún ingreso e están en risco de exclusión social”.

“Agora teremos que pagar unha porcentaxe das mediciñas polos axustes na sanidade”.

“Polos recortes na sanidade e educación, suprímense becas e non hai diñeiro para ampliar o Hospital do Salnés e recórtanse as pensións”.

“Nas cidades hai familias recollendo comida dos contedores do lixo”

“Caritas e amigos de Galicia desbordados polo aumento de persoas que recorren a eles por necesidades básicas”.

“Familias votadas da súa casa por non poder pagar a hipoteca”.
“O goberno quere voltar a subir o IVE”.

“miles de familias pasan o inverno sen calefacción, por non poder pagar a luz ou o gasoleo”...

Estes son algúns dos titulares de prensa cos que nos levantamos todos os días dende fai meses: os efectos da crise en moitas familias sen recursos; o paro; a falta de ingresos; os recortes aplicados polo PP nos servizos básicos.  Con todo esto e normal que a cidadanía pregunte E QUE OS POLÍTICOS NON SE DAN CONTA DO QUE ESTÁ A PASAR???.  Pois parece que os do PP non…. CUBRIR AS NECESIDADES BÁSICAS, esa debería ser a función primordial das administracións e sen embargo vemos como se despilfarran os cartos que pagamos todos cos nosos impostos en proxectos faraónicos e innecesarios.

A cidade da cultura de Fraga, situada no monte Gaias en Santiago de Compostela foi un claro exemplo deste tipo de “despilfarro”…. Tanto que ata o propio PP agora tivo que recoñecer a barbaridade que se pretendía facer no Gaias e acabou  paralizando o resto da obra.

Sen embargo parece que Rafael Louzan non aprendeu destes erros, e tamén quere facer o seu propio “gaias” en Ribadumia. Vai un pequeno resumo de algunhas das obras que se están a acometer:


•           Pousada Rural, de acceso e concesión privada: Máis de 2.200.000 € de obra, aos que logo hai que sumarlle +/- outros 500.000 euros de equipamento.

•           Obra do novo Campo de Fútbol de herba artificial da Senra:

o          Compra dos terreos: 420.000 € abonados polo Concello de Ribadumia cos cartos de todos os veciños.

o          Adecuación das instalación deportivas (graderías, accesos, vestiaros e outras instalación): 894.443 € sen contar o custe de dotalo da “alfombra” de céspede artificial que aínda está sen adxudicar.

•           Novo acceso ao campo de fútbol polo norte (sen adxudicar): 1.000.000 € (costo aproximado)

•           Arranxo da igrexa de Ribadumia (dotación de luces led e chan de madeira): 200.000 € (pagados entre o concello e a deputación sen que a Igrexa poña un só Euro).

Total:  Máis de 5 millóns de euros, 830 millóns de pesetas, gastados nunha serie de investimentos para un  megaproxecto millonario, que na súa maior parte non ten ningunha utilidade práctica ou que supoña unha mellora na vida dos nosos veciños e veciñas, e que so vai servir para facer os “librillos” de propaganda electoral do PP.  Para máis escarnio, tanto a Pousada de Ribadumia como o propio campo de fútbol non serán de libre acceso. Esta claro tamén que o PP prioriza a relixión en vez da sanidade ou a educación, será que algúns queren ter gañado o ceo.

A POLÍTICA NON É ISTO, A ADMINISTRACIÓN DEBE GOBERNAR PARA TODOS E TODAS, ATENDENDO AS NECESIDADES DAS MAIORÍAS SOCIAIS E NON OS ANTOXOS DO GOBERNANTE DE TURNO.  
              
 ANOVA DE RIBADUMIA NON PODE CALAR E DICIMOS ALTO E CLARO QUE ESTAS OBRAS NON NOS PARECEN PRIORITARIAS E QUE O PP ESTA TIRANDO COS CARTOS DE TODOS.















No hay comentarios:

Publicar un comentario