11 may 2013

Defendemos a abstención dos outros grupos de oposición no reparto das axudas a asociacións e entidades culturais e deportivas


  .

Para Enrique Oubiña, as discrepancias polo reparto das axudas poñen en evidencia que tiñamos razón cando dende anova propuxemos cambiar as bases para lograr un reparto máis equitativo e transparente dos fondos.

Para que imaxes como esta se poidan seguir repetindo o apoio do concello as entidades culturais e deportivas é imprescincible
O xoves da semana pasada celebrouse pleno municipal no Concello de Ribadumia,  onde se aprobaron as axudas as entidades culturais e deportivas do concello. Días máis tarde o Partido Popular publicaba unha
"tendenciosa" nota criticando a oposición por absterse neste punto, pretendendo dar a entender que non había ningún motivo para que se rompera o consenso acadado na comisión informativa previa.

O Concelleiro Enrique Oubiña quere manifestar que comprende perfectamente a abstención dos grupos da oposición neste punto, aínda que non comparta as formas, rompendo consensos previos,  e algún dos seus argumentos. O certo é que  de haber estado no pleno (non puido asistir por motivacións de tipo persoal) a postura de anova visto o reparto final das axudas, tamén sería con toda seguridade a abstención.


Corporación municipal o completo. Unha foto dificil de repetir gracias  o PP
Para ANOVA Alternativa este desacordo  pon en evidencia a situación que Enrique Oubiña xa ten denunciado noutras ocasións, por certo en solitario e  sen contar practicamente nunca co apoio dos outros grupos da oposición, de que as bases e criterios de distribución para a  concesión  das subvencións municipais a asociacións e entidades sen ánimo de lucro aprobadas por PP,PSOE e BNG son completamente inoperativas e que o reparto se fai "a ollo e ao criterio dos Concelleiros", sen que se estableza un reparto equitativo e xusto...

E a evidencia desto é que este ano tampouco se aplicaron as bases que tanto defenderon os tres grupos, salvo nos casos que foron do interes do Partido Popular. A realidade do reparto das axudas é que hai entidades con convenios de colaboración co Concello que non van a percibir ningún tipo de axuda porque si se lles aplica as bases,caso do club de piragüismo,  mentres que a outras como a agrupación de protección civil, que tamén ten convenio e polo tanto debía quedar fora destas axudas concedeuselles igual,  ignorando esas mesmas bases. Esta maneira de interpretar e aplicar aleatoriamente as bases de adxudicación xa dera pe a un profundo e duro debate o ano pasado, pois Enrique Oubiña opoñiase frontalmente a esta maneira de actuar "totalmente caciquil e interesada".

Tamén chama a atención que unha asociación de recente creación, pero que propón unha importante dinámica no eido cultural e deportivo, reciba unha cantidade de maneira totalmente arbitraria e non en función da puntuación obtida a través das bases, po caso que alguen no Partido Popular se hubera molestado en facer a conta,  e só vaia a recibir 300 euros en palabras da concelleira de cúltura "por ser nova....", mentras outras "máis antigas" pero que na documentación presentada declaran moitas menos actividades,  vaian a recibir cantidades moito maiores ..... O único que se esta facendo en realidade e aprobar un reparto de axudas en función do ano anterior, coa escusa de que os fondos permiten manter esas axudas, actuando no medio dun xeito absolutamente caciquil, pois favorecese a entidades amigas e prexudícase a quen non lles pasa polo aro.

Hoxe por hoxe en Ribadumia existen unhas bases para a adxudicación de axudas economicas a entidades culturais e deportivas, pero  é imposible que ningunha desas entidades  poida saber cantos puntos obtivo para a consecución desas axudas e por ende, se esta recibindo unha cantidade xusta para a súa labor ou non. Así é como traballa o equipo de Salomé Peña.

Claro, despois veñen as discrepancias e o PP sorprendese.

Para Enrique Oubiña esas discrepancias polo reparto das axudas poñen en evidencia que tiña razón cando propuxo cambiar as bases para lograr un reparto máis equitativo e transparente dos fondos. En Anova Alternativa de Ribadumia temolo moi claro, foi por iso que no seu momento  presentamos unha moción para clarificar mellor as bases aprobadas fai un ano, pois sen estar mal en canto a esixencias, si tiñan graves erros no reparto de puntos, deixando demasiado marxe a interpretación. Esta moción foi ninguneada porque realmente o que queren e poder utilizar as bases de axudas as entidades deportivas e culturais,como arma política arroxadiza, e influír sobre estas entidades dun xeito ou outro. A nos isto parécenos totalmente vergonzoso e totalmente contrario os intereses dos noso veciños. e asi o expresou o concelleiro Enrique Oubiña no pleno onde defendeu esa moción : "cunhas bases ben redactadas, e sen marxe a posturas subxectivas e politizadas, en ningún caso sería posible un desacordo na aplicación desas bases e polo tanto para aprobación unánime das axudas correspondentes".

 A falta de responsabilidade demostrada ata o de agora polos outros tres partidos políticos ante un tema de tamaña importancia, como é o apoio económico as entidades culturais e os clubs deportivos, é preocupante. En Ribadumia hai dous clubs de fútbol, un de piragüismo e outro de tenis-mesa, ademais de dúas bandas de musica  e varias pequenas asociacións e equipos deportivos(futbol veteranos, billarda, grupos de teatro…) que se ocupan do fomento da cultura e o deporte no concello. Para a maioría destas asociacións e clubs a axuda institucional resulta imprescindible  para poder realizar as súas actividades, e sen elas moitas estarían abocadas a desaparición.  Por eso cremos que hai que abandonar as posturas que manteñen tanto o PP  como  o PSOE e o BNG, que se adican a  desmarcarse  uns de outros ,  e tentar chegar a acordos, algo que nos atinxe a todos, tanto a quen goberna, que por moito que o crea non ten un cheque en branco para facer o que lle dea a gana, como a  quen esta na oposición, cuxa misión nos entendemos, e asi o demostramos cada dia e en cada pleno municipal,  non é a de levar a contraria a todo sen máis, se non a de buscar acordos positivos para os nosos veciños.

Pero o certo e que inda que ate o de agora parecía que aos demais concelleiros da oposición non parecía importarlle moito estás cuestións e "deixaban facer", parece que se deron conta de que o PP non quere buscar consenso se non é baixo as súas condicións, algo que dende ANOVA non estamos dispostos a consentir, polo que seguiremos insistindo na necesidade de revisar a redacción das bases,  e na nosa disposición de sentarnos  a falar e buscar acordos nun tema que consideramos de máxima importancia para o concello.







No hay comentarios:

Publicar un comentario